Entradas

Lecturas recomendadas para o verán

Imagen
 Xa chegan as vacacións, e deixámosvos por aquí unhas recomendacións lectoras para seguir desfrutando da temática da "Maxia no rural", así como tamén unhas recomendacións de xogos de mesa para compartir coa familia e as amizades.

As herbas do San Xoán

Imagen
 O último mural, relacionado coa celebración do Día do Medio Ambiente, simula unha páxina dun herbario na que se amosan as herbas que forman parte da tradición da noite de San Xoán. E con esta tradición galega tan bonita, pechamos a temática deste curso, "A maxia do rural".

Introdución ás máquinas de corte: Cricut

Imagen
Este curso dende Bibliotecas Creativas quixemos achegar aos nenos e nenas de 5º de E.P. ao traballo coas máquinas de corte, neste caso a Cricut Explore. Con estas máquinas de corte podemos crear pegatinas, recortes troquelados, pezas dun puzle, vinilos... Tivemos a mala sorte de que a máquina non quedou ben calibrada e non puidemos crear todo o material que tiñamos programado, pero seguiremos traballando nesta actividade o próximo curso para que os alumnos e alumnas aprendan a utilizar este tipo de recursos creativos. Mentres tanto, amosámosvos as mostras que realizamos:

Mural das Letras Galegas 24/25 e actividades

Imagen
 A semana das Letras Galegas, do 12 ao 16 de maio, os nenos e nenas do cole traballaron no Mural colaborativo, adicado ás Cantareiras: Tamén contamos coas marabillosas actuacións e charlas de Orgullo Galego, falando da tradición dos Maios e do San Xoán A contacontos Manuela Varela co espectáculo Conto!Canta! E a actuación de Unto Vello, uns artistas da recopilación da nosa tradición oral.

Obradoiros de Xogos de mesa do Curo 24

Imagen
Este curso continuamos cos obradoiros de xogos de mesa. Introducimos o Dixit ao alumnado de 3º,4º e 5º E.P., e presentamos dous xogos novos ao alumnado de 6º de E.P.  Os xogos de mesa son unha forma moi divertida e creativa de traballar a estratexia, a cooperación ou a linguaxe simbólica, e intentamos achegar aos nenos e nenas ás novidades que mellor se adaptan ao seu nivel.         

DÍA DAS ARTES GALEGAS_CURSO 2024-25

Imagen
  No noso colexio celebramos o 1 de abril o Día das Artes Galegas, rendindo homenaxe a Isaac Díaz Pardo, un destacado intelectual e empresario galego, considerado unha das figuras máis relevantes da cultura galega. Díaz Pardo foi un fervente defensor da nosa lingua e das nosas tradicións. Destacou ao longo da súa vida como pintor, escultor e deseñador. É especialmente coñecido como o fundador da fábrica de cerámicas de Sargadelos, que se converteu nun símbolo da artesanía galega, da innovación e o deseño.  Para conmemorar esta data tan especial, todas as titorías do centro participaron nunha actividade na que cada clase escolleu un motivo de Sargadelos para plasmar sobre cartón pluma. Hoxe colocamos nos corredores do colexio todas estas obras de arte, que non só amosan a creatividade das nosas alumnas e alumnos, senón que tamén son un reflexo do noso orgullo pola cultura galega.  Poderedes desfutar de todas estas magníficas creacións vendo o seguinte vídeo:  

Gañadores do Concurso de deseño de cartas de xogo da Biblioteca Escolar

Imagen
Xa temos aos gañadores do concurso da Biblioteca deste curso escolar 24/25, que consistía no deseño ou decoración dunha carta de xogo, inspirándonos no xogo de mesa Dixit e na temática "A maxia do rural". O premio consistiu nunha serie de xogos de mesa para que poidan compartir cos amigos ou coa familia, e pasar un rato divertido sen pantallas e traballando de forma creativa a estratexia, a cooperación, e a paciencia! Parabéns!

CONCURSO DA BIBLIOTECA (MODALIDADE E.I. e 1º e 2º de E.P.)

Imagen
De novo a biblioteca escolar propón un concurso (de participación voluntaria) para poder gañar algún recurso educativo de parte da nosa Biblioteca. Nesta ocasión, o concurso consiste en entregar unha carta decorada coma se fose unha carta para un xogo de mesa, relacionada coa temática "A Maxia do Rural". Para isto, inspirámonos en xogos como o Dixit, que aínda que son para niveis a partir dos 8 anos, ten unhas ilustracións que pode apreciar calquer neno ou nena. E como tamén queremos incluír aos máis pequenos neste concurso de deseñar unha carta para un xogo, presentamos unha modalidade de participación máis sinxela e adaptada a Infantil, a 1º e a 2º de E. P . No canto de ter que deseñar unha carta desde cero, aqueles que queiran participar levarán unha carta xa deseñada para casa, pero sen colorear nin decorar. Coa vosa familia, podedes decorala e adornala como vos guste! Brillantina , colaxe, acuarela, adhesivos... Tedes ate o 4 de abril para rematala e entregarlla...

CONCURSO DA BIBLIOTECA ESCOLAR (MODALIDADE 3º a 6º de EP)

Imagen
DESEÑO DE CARTAS PARA XOGOS DE MESA - DIXIT  Cantos xogos de mesa coñecedes? E xogos de mesa con cartas? Seguro que coñecedes o Tute, o Burro, o Un... E coñecedes os xogos de cartas cooperativos ou de competir que se traballan actualmente para os nenos e nenas, dende os máis peques ate o público xuvenil? Eu quérovos falar do Dixit, un xogo que trouxemos o pasado curso a nosa Biblioteca e que é ideal para desenvolver a vosa imaxinación, a vosa perspectiva narrativa e a capacidade de describir sen contar demasiado...  O Dixit é un xogo que utiliza unhas cartas con imaxes que queren contar historias, ou eventos, ou emocións. Cada carta representa unha imaxe e esta, a súa vez, debe evocar unha palabra ou frase para o contacontos. Pero para este concurso, o importante son as CARTAS e o seu DESEÑO tan característico. Son cartas de todo tipo, con estilos variados. Neste caso, queremos que todo o neno ou nena que se anime a participar DESEÑE UNHA CARTA coa temática A MAXIA DO RURAL....

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
  O EDLG quere deixarvos unha mostra das actividades que se fixeron para conmemorar o Día de Rosalía: Proxecto  "A maxia do rural en Rosalía".  Este proxecto foi o resultado da colaboración entre o noso centro e o instituto. Primeiro realizouse unha selección de poemas de Rosalía que gardan relación coa temática deste curso. Logo repartíronse entre as dezaséis titorías do noso colexio para que o alumnado os ilustrase e, ao mesmo tempo, o alumnado de 1º ESO do IES de Arzúa creou un QR para acompañar a cada poema, que nos leva a unha fotografía relacionada co mesmo.  O Concello de Arzúa financiou este proxecto sufragando os gastos de imprenta.           Queremos con este proxecto dar a coñecer, reinterpretar e difundir a obra da escritora máis universal da literatura galega entre o alumnado e demais poboación de Arzúa e persoas que nos visitan. Preme ao final deste artigo en ARQUIVOS ADXUNTOS para ver como quedaron os nosos traballos....

MURAL E RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Imagen
O 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da non violencia e da paz, e xa temos colocado o noso mural colaborativo. Na nosa biblioteca temos tamén os libros relacionados coa temática preparados nun estante para que os poidades localizar sen problema.

MURAIS COLECTIVOS DAS CONMEMORACIÓNS 2024

Imagen
  Feliz ano novo! Comezamos xaneiro preparando unha nova conmemoración, neste caso toca celebrar o Día da non violencia e da Paz, pero primeiro queremos deixarvos as imaxes dos murais que se realizaron no centro antes de rematar o 2024.

Lecturas recomendadas para o verán

Imagen
 Deixámosvos por aquí algunhas recomendacións para ler este verán na casa, no campo, na praia... O importante e estar sempre acompañados e acompañadas dunha boa historia!

Gracias, voluntarios e voluntarias!

Imagen
 Moitas grazas por todo o traballo e implicación na biblioteca escolar. Desexámosvos moita sorte na vosa nova etapa. E bo verán!

Rematando o curso con arte dixital

Imagen
Xa non queda nada para rematar este curso escolar, e non hai nada mellor que rematar estas semanas cun pequeno taller de iniciación ao debuxo dixital. Para iso, agora que xa temos actualizada a nosa tablet da biblioteca cun lápiz dixital, o alumnado de 5º de Primaria comezou o deseño dun mazo de cartas para xogar ao Dixit, un dos xogos populares da biblioteca. Primeiro crearon o seu propio deseño en papel, para despois importalo no programa de debuxo dixital e traballar co perfilador, as texturas, as cores... É un traballo que leva o seu tempo! E por iso agora o importante é inicialos neste tipo de aplicacións de deseño, para traballair máis a fondo o próximo curso e que o mesmo alumnado que aprendeu neste taller poida ensinar aos seus compañeiros e compañeiras doutros ciclos. E así de preciosas e orixinais están a quedar as primeiras cartas creadas dixitalmente: E queremos rematar esta publicación lembrando algunhas das nosas producións máis artísticas e creativas neste curso escolar,...