DÍA DAS ARTES GALEGAS_CURSO 2024-25
No noso colexio celebramos o 1 de abril o Día das Artes Galegas, rendindo homenaxe a Isaac Díaz Pardo, un destacado intelectual e empresario galego, considerado unha das figuras máis relevantes da cultura galega. Díaz Pardo foi un fervente defensor da nosa lingua e das nosas tradicións. Destacou ao longo da súa vida como pintor, escultor e deseñador. É especialmente coñecido como o fundador da fábrica de cerámicas de Sargadelos, que se converteu nun símbolo da artesanía galega, da innovación e o deseño.
Para conmemorar esta data tan especial, todas as titorías do centro participaron nunha actividade na que cada clase escolleu un motivo de Sargadelos para plasmar sobre cartón pluma.
Hoxe colocamos nos corredores do colexio todas estas obras de arte, que non só amosan a creatividade das nosas alumnas e alumnos, senón que tamén son un reflexo do noso orgullo pola cultura galega.
Poderedes desfutar de todas estas magníficas creacións vendo o seguinte vídeo:
Comentarios
Publicar un comentario