DÍA DE ROSALÍA
O EDLG quere deixarvos unha mostra das actividades que se fixeron para conmemorar o Día de Rosalía:
- Proxecto "A maxia do rural en Rosalía". Este proxecto foi o resultado da colaboración entre o noso centro e o instituto. Primeiro realizouse unha selección de poemas de Rosalía que gardan relación coa temática deste curso. Logo repartíronse entre as dezaséis titorías do noso colexio para que o alumnado os ilustrase e, ao mesmo tempo, o alumnado de 1º ESO do IES de Arzúa creou un QR para acompañar a cada poema, que nos leva a unha fotografía relacionada co mesmo. O Concello de Arzúa financiou este proxecto sufragando os gastos de imprenta.
Queremos con este proxecto dar a coñecer, reinterpretar e difundir a obra da escritora máis universal da literatura galega entre o alumnado e demais poboación de Arzúa e persoas que nos visitan.
Preme ao final deste artigo en ARQUIVOS ADXUNTOS para ver como quedaron os nosos traballos.
Este é o mural que preparamos coas plantillas, unha vez transformadas en carteis na imprenta.

- Estas fotos corresponden ao reparto de carteis que se fixo pola Avenida de Luga, entre as dúas coordinadoras de Dinamización Lingüística e dúas alumnas do noso centro.


- Muraiosalía realizados polas titorías de 3ºA e 3ºB, empregando a técnica da estampación. Cada alumno e alumna escribiu sobre unha rosa o poema que se lle adxudicou.


- Mural realizado polo alumnado de 6º EP:

Comentarios
Publicar un comentario