Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

Boa sorte, queridas voluntarias

Imagen
Cunha despedida agridulce despedimos ás nosas voluntarias e voluntarios da biblioteca, alumnas e alumnos de 6º que traballaron con moita ilusión para facer da biblioteca escolar un fogar para os compañeiros e compañeiras do CEIP de Arzúa. Axudando coa organización dos estantes, coas actividades de fomento á lectura, e coa espurga, fixeron posible os grandes avances que presenciou a nosa biblioteca este curso 22/23. Moitísimas grazas polo voso esforzo! E moita sorte na nova etapa da vosa vida.

Maleta viaxeira

Imagen
Para rematar ben o curso e "empaparnos" de información mariñeira, o CEIDA ( Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) enviou ao cole unha maleta mariñeira viaxeira para rotar polas aulas, chea de libros sobre os océanos. Moitas grazas!

Tríptico lecturas recomendadas para o verán

Imagen
Aquí tedes uns folletos con algunhas das lecturas que escollemos para recomendarvos estas vacacións. Desfrutade da literatura na praia, na piscina, no campo... e que teñades un bo verán!

Reciclando os libros da expurga

Imagen
Utilizando os libros que quedaron como remanente da Feira da expurga, os alumnos e alumnas de 4º de EP, coa iniciativa da súa titora Noelia, crearon collages con fotografías de animáis que atoparon nalgúns exemplares de libros informativos, e o resultado é hermoso e moi orixinal... a mellor forma de reciclar! 

Mural coas fotografías e participantes do concurso "Dentro das paisaxes"

Imagen
Xa temos exposto o mural coas fotografías tan preciosas que entregaron os nenos e nenas que participaron no concurso de fotografía.  A fotografía do gañador queda enmarcada e ao seu lado podemos ver a pintura orixinal na que se inspirou o participante; toda unha paisaxe galega que representa o especial que é o noso fogar. E tamén fixemos a entrega dos premios aos ganadores/as e dos diplomas de recoñecemento a todo o alumnado que participou                           Moitas grazas pola participación, e lembrade que mañá, xoves, no recreo, entregaremos os premios e o detalle a todos os participantes.

RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Imagen
 Bo día! Xa temos a resolución do concurso de fotografía da Biblioteca escolar:  "Dentro das paisaxes". A continuación expoñemos os gañadores e gañadoras do primeiro premio e dos segundos premios, que entegaremos na Biblioteca no recreo o Xoves 8 de xuño.  Precisamos que asistan no recreo todos/as participantes do concurso xa que temos un certificado e un detalle para todos e todas os que vos animastes a participar, grazas polo voso esforzo e creatividade! 1º PREMIO:  Raúl García, 2ºA 2ºs PREMIOS: Sara Villar, 1ºB Carme Rendo, 5º Pablo Soutullo, 3ºB A verdade é que foi moi difícil escoller porque quedamos moi sorprendidas coa vosa creatividade! Lembrade, o Xoves 8 tedes que vir TODOS OS PARTICIPANTES na hora do recreo á biblioteca. Ademais, o mércores quedarán expostas todas as vosas fotografías no mural que hai na zona exterior da biblioteca, o recuncho "chill out", para que todo o centro admire o voso traballo tan fermoso. Noraboa!!