CONCURSO DA BIBLIOTECA (MODALIDADE E.I. e 1º e 2º de E.P.)
De novo a biblioteca escolar propón un concurso (de participación voluntaria) para poder gañar algún recurso educativo de parte da nosa Biblioteca. Nesta ocasión, o concurso consiste en entregar unha carta decorada coma se fose unha carta para un xogo de mesa, relacionada coa temática "A Maxia do Rural". Para isto, inspirámonos en xogos como o Dixit, que aínda que son para niveis a partir dos 8 anos, ten unhas ilustracións que pode apreciar calquer neno ou nena. E como tamén queremos incluír aos máis pequenos neste concurso de deseñar unha carta para un xogo, presentamos unha modalidade de participación máis sinxela e adaptada a Infantil, a 1º e a 2º de E.P. No canto de ter que deseñar unha carta desde cero, aqueles que queiran participar levarán unha carta xa deseñada para casa, pero sen colorear nin decorar. Coa vosa familia, podedes decorala e adornala como vos guste! Brillantina, colaxe, acuarela, adhesivos...
Tedes ate o 4 de abril para rematala e entregarlla ás vosas titoras.
Nesta modalidade teremos un 1º premio e un 2º premio.
Moita sorte!

Comentarios
Publicar un comentario