CONCURSO DA BIBLIOTECA ESCOLAR (MODALIDADE 3º a 6º de EP)


DESEÑO DE CARTAS PARA XOGOS DE MESA - DIXIT


 Cantos xogos de mesa coñecedes? E xogos de mesa con cartas? Seguro que coñecedes o Tute, o Burro, o Un... E coñecedes os xogos de cartas cooperativos ou de competir que se traballan actualmente para os nenos e nenas, dende os máis peques ate o público xuvenil?

Eu quérovos falar do Dixit, un xogo que trouxemos o pasado curso a nosa Biblioteca e que é ideal para desenvolver a vosa imaxinación, a vosa perspectiva narrativa e a capacidade de describir sen contar demasiado... 

O Dixit é un xogo que utiliza unhas cartas con imaxes que queren contar historias, ou eventos, ou emocións. Cada carta representa unha imaxe e esta, a súa vez, debe evocar unha palabra ou frase para o contacontos. Pero para este concurso, o importante son as CARTAS e o seu DESEÑO tan característico.

Son cartas de todo tipo, con estilos variados. Neste caso, queremos que todo o neno ou nena que se anime a participar DESEÑE UNHA CARTA coa temática A MAXIA DO RURAL. 

Aquí deixo algúns exemplos de cartas reais do Dixit que se poderían asociar a este tema:




 Tedes ate o 4 de abril para deseñar e entregar a carta na plantilla que vos entregarán as vosas titoras. A participación é voluntaria! A ilustración procurade que veña sen arrugar, co debuxo perfilado e pintado con detalle.

Nesta modalidade teremos tres premios.

Moita sorte!



Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCURSO DA BIBLIOTECA (MODALIDADE E.I. e 1º e 2º de E.P.)

Estampación de flores en tela co alumnado de Infantil