Entradas

Fotos da 'Semana do Libro'

Imagen
Ata aquí chegou a Semana do Libro! Xa publicamos con anterioridade a visita de Claudia Castro ao centro. Aquí temos algunhas imaxes das Lecturas Interactivas : Descubrimos que non é nada doado chamar a atención dos compañeiros e compañeiras fóra da biblioteca! Tamén celebramos a Feira da espurga , na que todos os nenos e nenas do cole levaron un libro de regalo para as súas casas: E rematamos a celebración cunha dramatización do conto 'Princesa Kevin' , escrito por Michaël Escoffier e ilustrado por Roland Garrigue, coas actuacións dos nosos voluntarios e voluntarias da Biblioteca. Fixérono tan ben, que repetiremos o teatriño para os nenos e nenas de 2º EP! E tras rematar a performance, o público tamén se animou a probar o vestido de Princesa... e o de anxo!                                                              ...

Claudia Castro visita o noso centro

Imagen
Durante este mes de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º EP leron o libro de poemas "Galicia, o país das marabillas" e da man do Rato Amelio e do Gato Pepe descubriron moitos lugares de Galicia que merece a pena visitar. As mestras xa tomamos boa nota dalgún destes sitios que lles gustaría coñecer!                                    Esta mañá tivemos a sorte de escoitar como esta escritora nos recitaba algún poema do libro e, despois, deixamos voar a nosa imaxinación para encher un folio cun debuxo que nos recordaba algún poema do libro, o lugar que máis nos gusta de Galicia, o debuxo do Rato Amelio ou do Gato Pepe... e así convertémonos por un intre en ilustradoras e ilustradores.                             Este foi o mural que fixeron os nenos e nenas de 3º A.               ...

Semana do libro

Imagen
Xa temos o cartel da Semana do Libro na Biblioteca do CEIP de Arzúa! Celebraranse varias actividades para fomentar a lectura e traballar coa literatura infantil e xuvenil, e tamén actualizaremos o recuncho das lecturas recomendadas coa temática correspondente a esta semana. E para calquera dúbida estamos na Biblioteca nos recreos :)

Encontros PLAMBE 22/23

Imagen
Este venres 31 de Marzo tiveron lugar os encontros PLAMBE no Palacio de Congresos De Santiago de Compostela. Como centro PLAMBE , aí estivemos para informarnos das novas tendencias e os cambios que terán lugar nas bibliotecas escolares nos próximos cursos. Charlas moi interesantes sobre IA , sobre a competencia literaria na escola, sobre o uso do Koha , e moito máis! Guiamos aos nosos alumnos e alumnas para que adquiran da mellor forma posible as súas destrezas lectoras e así descubrir o mundo que lles rodea e as estruturas que usa a Arte para plasmar este mundo. É moi importante implicarse e estar actualizados para converter a biblioteca escolar neste " amplificador " de experiencias, este recurso inestimable, o corazón dun centro escolar... Agardamos seguir enriquecendo a nosa formación como responsables desta biblioteca e mellorar o nostraballo. Vémonos nos encontros do próximo curso!

Contacontos en Infantil polo Voluntariado da biblioteca

Imagen
Esta semana as voluntarias e voluntarios da biblioteca baixaron ás aulas de Infantil para ler un conto aos máis pequenos do cole, preparando con moita ilusión unha pequena escenificación das historias que escolleron. Todes quedaron moi contentos e xa teñen ganas de repetir a experiencia! Os contos escollidos foron: NON a todas as nenas les gusta o Rosa El abejoso O Maio El cocodrilo al que no le gustaba el agua Perdido? Podedes atopar estes títulos na nosa biblioteca. Moitas grazas ás voluntarias e voluntarios!

María Canosa no CEIP de Arzúa

Imagen
Nesta xornada do 16 de marzo, a escritora María Canosa achegouse ao noso centro para ter un encontro co alumnado de 3º e 4º E.Primaria acerca do seu libro "O que nunca che contaron".  María destacou a importancia da lectura cando dixo: "Cos libros vivimos cousas que non poderiamos vivir doutra maneira", "Conto as historias que levo na cabeza, pero cando as comparto xa deixan de ser miñas e pasan a ser vosas". Os nenos e nenas puideron facerlle unha morea de preguntas e así enterámonos de moitas curiosidades como que: este libro naceu grazas á colaboración de tres persoas e María só escribiu as tres historias de mulleres que hai no mesmo (as historias de homes escribiunas un amigo seu); a historia que máis lle gusta é a primeira, que xusto non escribiu ela; sempre quedaba de finalista cando se presentaba aos concursos, pero grazas a Manuel Beiras García unha editorial interesouse polo libro que escribiu e así foi como conseguiu que llo publicaran; a súa esc...