Fotos da 'Semana do Libro'

Ata aquí chegou a Semana do Libro! Xa publicamos con anterioridade a visita de Claudia Castro ao centro. Aquí temos algunhas imaxes das Lecturas Interactivas:




Descubrimos que non é nada doado chamar a atención dos compañeiros e compañeiras fóra da biblioteca! Tamén celebramos a Feira da espurga, na que todos os nenos e nenas do cole levaron un libro de regalo para as súas casas:





E rematamos a celebración cunha dramatización do conto 'Princesa Kevin', escrito por Michaël Escoffier e ilustrado por Roland Garrigue, coas actuacións dos nosos voluntarios e voluntarias da Biblioteca. Fixérono tan ben, que repetiremos o teatriño para os nenos e nenas de 2º EP! E tras rematar a performance, o público tamén se animou a probar o vestido de Princesa... e o de anxo! 





                  
                                       
               

              

              


                


Moitas grazas pola participación! E mil grazas ás voluntarias e voluntarios de 6º por mostrar tanto entusiasmo e dar exemplo aos máis cativos.














Comentarios

Entradas populares de este blog

Mural coas fotografías e participantes do concurso "Dentro das paisaxes"

Enigmas e fotos horripilantes no Samaín /23

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CURSO 22/23 - DENTRO DAS PAISAXES