Encontros PLAMBE 22/23

Este venres 31 de Marzo tiveron lugar os encontros PLAMBE no Palacio de Congresos De Santiago de Compostela. Como centro PLAMBE, aí estivemos para informarnos das novas tendencias e os cambios que terán lugar nas bibliotecas escolares nos próximos cursos. Charlas moi interesantes sobre IA, sobre a competencia literaria na escola, sobre o uso do Koha, e moito máis!








Guiamos aos nosos alumnos e alumnas para que adquiran da mellor forma posible as súas destrezas lectoras e así descubrir o mundo que lles rodea e as estruturas que usa a Arte para plasmar este mundo. É moi importante implicarse e estar actualizados para converter a biblioteca escolar neste "amplificador" de experiencias, este recurso inestimable, o corazón dun centro escolar... Agardamos seguir enriquecendo a nosa formación como responsables desta biblioteca e mellorar o nostraballo. Vémonos nos encontros do próximo curso!

Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCURSO DA BIBLIOTECA ESCOLAR (MODALIDADE 3º a 6º de EP)

CONCURSO DA BIBLIOTECA (MODALIDADE E.I. e 1º e 2º de E.P.)

Estampación de flores en tela co alumnado de Infantil