Semana do Libro

 A semana do 22 ao 26 de Abril celebramos a Semana do libro no noso cole! Fixemos un mural relacionado coa temática anual, "Unha ventá aberta ao mundo", que leva por título "Un conto a bordo". Neste mural amosamos as diferentes procedencias de contos e historias moi coñecidos polos nenos e nenas  cun mapa que conecta, mediante fíos, as maletas da orixe dos contos e a súa portada correspondente, decorados por todos os cursos do centro escolar.



Ademais, as titoras levaron a cabo diferentes actividades relacionadas con esta conmemoración, como marcapáxinas, decoración para as portas da aula...

  
3 anos A


5º 





Tamén na biblioteca os nenos e nenas participaron nos Retos da biblioteca, un xogo de buscar pistas nos libros da biblioteca, nas estanterías ou nas paredes do noso cole, para coñecer un pouco máis os nosos recursos e como nos poden axudar a buscar información sobre un tema de interese.



                           
































E para rematar, o venres os nenos e nenas de 2º e 3º de EP tiveron un obradoiro de poesía con Claudia Castro! 







Comentarios

Entradas populares de este blog

Taller de pócemas decorativas e tutorial

UN ENTROIDO MOI VIAXEIRO!

Enigmas e fotos horripilantes no Samaín /23