Obradoiros de xadrez

Este trimestre comezaron os obradoiros de xadrez, organizados pola biblioteca e coa colaboración e proposta da ANPA Xermolos, considerando que as habilidades que proporciona aos nenos e nenas este deporte deberían fomentarse máis nos centros educativos. Falamos de estimular o pensamento lóxico, a capacidade de analizar e memorizar, alimentar a imaxinación e creatividade no mundo da estratexia que amosa o xadrez, e sobre todo, compartir cos compañeiros os coñecementos, a diversión, e a inclusión.



Este obradoiro forma parte da programación de Bibliotecas Creativas, xa que a creatividade tamén é unha parte fundamental da estratexia e da capacidade de sorprender aos contrincantes.

Así, os cursos de 2º e 3º de EP foron os primeiros en participar nesta pequena clase de Fernando Sánchez, monitor de xadrez, que tivo lugar o 16 de febreiro.


















Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCURSO DA BIBLIOTECA ESCOLAR (MODALIDADE 3º a 6º de EP)

CONCURSO DA BIBLIOTECA (MODALIDADE E.I. e 1º e 2º de E.P.)

Estampación de flores en tela co alumnado de Infantil