Taller de pócemas decorativas e tutorial
A semana pasada rematamos os nosos talleres de pócemas decorativas, impartido pola responsable da biblioteca, cos nenos e nenas gañadores do reto dos enigmas do samaín, pero para aqueles e aquelas que tedes ilusión por aprender tamén como fabricar estas pócemas, deixámosvos un sinxelo tutorial do paso a paso.
Para os menores de 10 anos ou para aqueles e aquelas que non sabedes manexar unha pistola de silicona quente, podedes utilizar cola blanca para pegar a tapa ou, para que quere mellor, pedirlle axuda a un adulto.
Materiais:
-Xel desinfectante, de hidroalcohol
- Botes de cristal con tapa de corcho. Quedan mellor os medianos ou pequenos, os grandes requiren moito xel.
- purpurina (lembrade que agora xa non se permite a venta de purpurina nas tendas, debemos utilizar os restos que teñamos na casa ou buscar outra alternativa para decorala)
- Cordas, colgantes, elementos decorativos, papel ou celo decorativo para poñer o nome da pócema...
- Pistola de silicona de manualidades, potencia media
1- Botamos o xel no bote, a cantidade que nos guste
2. Botamos a purpurina que escollamos para o significado do noso amuleto
3. Pegamos a tapa con silicona ou cola (a cola aguanta menos)
4. Decoramos o bote con corda, poñemos un abelorio se queremos, e facemos o nudo para atar ben os abelorios. Podemos poñer brillantes.
5. Escollemos o nome máxico e escribímolo con rotu permanente no celo decorativo.
Comentarios
Publicar un comentario