Erica González visita a nosa Biblioteca - Día das Bibliotecas, parte II

Unha das actividades organizadas con motivo do Día das bibliotecas é esta sesión de animación á lectura, que hoxe desfrutaron todos os nenos e nenas do noso colexio.

Erica González, a contacontos e actriz que nos visitou, preparounos un espectáculo que leva por nome "A volta ao día en 80 mundos". Inspirándose na famosa obra de Julio Verne, Erica achegounos aos distintos continentes e falounos de moitos países, das súas culturas, curiosidades... e, polo medio, contounos algún conto destes lugares. Así, por exemplo, con "Pepita Sarmiento" aprendemos que cando queres a alguén hai que darlle ás para voar, razóns para entender e motivos para quedarse; con "Moussa soña" caímos na conta de que para soñar é moi importante xogar, pero hai nenos e nenas no mundo que deixaron de facelo porque só traballan e xa non soñan con nada fai tempo.

Estas fotos forman parte dalgúns dos catro pases que se fixeron para que todo o alumnado do centro puidera participar nesta actividade. 


  

  

  

Grazas Erica por deixarnos "viaxar" hoxe contigo e recordarnos que o idioma universal é o sorriso. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Taller de pócemas decorativas e tutorial

UN ENTROIDO MOI VIAXEIRO!

Enigmas e fotos horripilantes no Samaín /23