A biblioteca abre de novo as súas portas!
Que ganas tiñamos de recibirvos de novo na biblioteca. Estabamos a preparar os nosos novos recunchos e mobiliario para presentar a nova experiencia que ofrece a biblio, non só para ler e estudar, ou para xogar ao xadrez que vos encanta! Se non para traballar tamén outros aspectos da aprendizaxe por recunchos na "Hora de biblio" organizada polas titoras.
Para o estudo, o debuxo, a búsqueda de información, os traballos en equipo e para os xogos dispoñibles no recreo, temos a zona das mesas e a mesa de luz.
Para unha lectura amena e un momento de relaxación e "postureo" temos o rincón chill:
Para a investigación en formato dixital, acceso a recursos na rede e proxectos audiovisuais temos o novo PC da biblioteca e a zona de Croma verde para a montase fotográfica e audiovisual:
E para a aprendizaxe por recunchos, as mestras teñen acceso a novo material de diferentes temáticas e destrezas, tamén atendendo á atención á diversidade, para utilizar na Hora da biblio
Pero lembrade... tedes que respetar o espazo e o material da biblioteca, e non estamos nun parque de xogos! temos que falar baixiño e respetar as normas.
Para coñecer todas as novidades que traballemos dende a biblio, tamén podedes acceder ao noso instagram!
@biblioteca_ceip_arzua
Comentarios
Publicar un comentario