CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CURSO 22/23 - DENTRO DAS PAISAXES

Quen di que unha biblioteca é só para ler? Este ano actualizamos a nosa biblioteca escolar con algúns "recunchos creativos" como a mesa de luz ou o Kapla, pero somos moi ambiciosas e queremos potenciar aínda máis vosa creatividade e introducirvos no mundo da arte e a fotografía. Por iso, para terminar o curso cunha boa sorpresa, anunciamos o concurso de fotografía de Fin de curso para os alumnos e alumnas de Educación Primaria. Aproveitamos a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente para traballar coa natureza e apreciar as paisaxes tan fermosas que nos rodean e as cales debemos atesourar e protexer.

Fixádevos ben nos seguintes carteis que amosan a convocatoria do concurso e as indicacións para participar, e ao final desta publicación tedes as imaxes das pinturas, das cales escolleredes unha para o voso proxecto. A data límite para a entrega é o 1 de Xuño, e o gañador/gañadora anunciarase na semana seguinte á entrega. Moita sorte!




Aquí tedes uns exemplos de como facer o proxecto cunhas fotografías feitas por min:



PINTURAS PARA O CONCURSO:


Robert Hagan


Goya


Edward Hopper



John William Waterhouse


Claude Monet



Serafín Avedaño



Joaquín Sorolla







Podedes utilizar filtros para resaltar as cores ou contrastar a fotografía, mais non recomendo utilizar filtros artísticos coma os de convertir fotografías en pinturas e outros efectos complexos.














Comentarios

Entradas populares de este blog

CONCURSO DA BIBLIOTECA ESCOLAR (MODALIDADE 3º a 6º de EP)

CONCURSO DA BIBLIOTECA (MODALIDADE E.I. e 1º e 2º de E.P.)

Estampación de flores en tela co alumnado de Infantil