Mulleres valentes na ficción literaria
Para conmemorar o 8M na nosa biblioteca, aquí temos algúns personaxes femeninos na literatura que destacan pola súa intelixencia, o seu valor e a súa maneira de ver o mundo.
Hermione Granger é unha das coprotagonistas da saga Harry Potter, moi coñecida pola súa intelixencia, a súa bondade e lealtade. As que lemos os libros, ben sabemos que Harry non podería salvar Hogwarts se non a tivese como aliada. Os libros foron adaptados ao cine nunha serie de películas que penso que todes coñecemos. E por certo, tedes os libros de Harry Potter na Biblioteca do cole!
Nausicaa é a heroina dunha película e uns cómics de Hayao Miyazaki, autor doutras películas como Chihiro e O Castelo Ambulante. Nausicaa é a princesa Do Valle do Vento e ten unha forte conexión coa natureza. Nun mundo en guerra, tentará defender e protexer ao seu pobo.
Nausicaa foi o primeiro e último manga que publicou Hayao Miyazaki, e é máis coñecida esta historia pola súa película.
Jo March é a protagonista de Mullerciñas, unha novela icónica do siglo XIX que fala dunha familia de 4 irmás nunha época na que o matrimonio tiña moito peso para ser aceptadas na sociedade. Jo (Josephine) quere ser escritora e rexeita a idea de casarse, pois non quere pertencer a ninguén e non quere renunciar aos seus soños. É forte, rebelde e pouco femenina.
A novela ten moitas adaptacións cinematográficas.
Ana de Tellas Verdes é unha novela sobre unha nena orfa á que a adopta unha parella de Tellas Verdes, un lugar onde Ana demostrará que as nenas tamén poden ser fortes, intrépidas e loitar polo que consideran xusto.
A novela tivo varias adaptacións ao cine e na televisión, e ten unha serie preciosa en Netflix que paga a pena ver. E pronto teremos dispoñible unha destas novelas na Biblioteca do cole!
LIBROS PROTAGONIZADOS POR NENAS VALENTES E INTRÉPIDAS QUE TEMOS NA NOSA BIBLIOTECA:
Comentarios
Publicar un comentario