Entradas

Obradoiros de xadrez

Imagen
Este trimestre comezaron os obradoiros de xadrez, organizados pola biblioteca e coa colaboración e proposta da ANPA Xermolos, considerando que as habilidades que proporciona aos nenos e nenas este deporte deberían fomentarse máis nos centros educativos. Falamos de estimular o pensamento lóxico, a capacidade de analizar e memorizar, alimentar a imaxinación e creatividade no mundo da estratexia que amosa o xadrez, e sobre todo, compartir cos compañeiros os coñecementos, a diversión, e a inclusión. Este obradoiro forma parte da programación de Bibliotecas Creativas, xa que a creatividade tamén é unha parte fundamental da estratexia e da capacidade de sorprender aos contrincantes. Así, os cursos de 2º e 3º de EP foron os primeiros en participar nesta pequena clase de Fernando Sánchez, monitor de xadrez, que tivo lugar o 16 de febreiro.

UN ENTROIDO MOI VIAXEIRO!

Imagen
Para este entroido 2024, o CEIP de Arzúa realizou un pequeno desfile polas rúas de Arzúa amosando os diferentes disfraces que prepararon os nenos e nenas coa temática da ventá aberta ao mundo. Dende diferentes culturas da man dos grupos de EI ate divertidos turistas! Exploradores e exploradoras, amantes da praia, os que prefiren un destino frío e con neve, os peregrinos e peregrinas... E como non! Utilizamos o croma verde da nosa biblioteca para facer unhas montaxes moi divertidas! Poñemos por aquí uns exemplos:

Día da Educación

Imagen
  Xa temos o mural para o Día da Educación, no que expoñemos un pequeno "dicionario" con verbos e imaxes relacionados con esta conmemoración, lembrando o afortunados e afortunadas que somos por ter acceso á Educación, xa que ten un papel fundamental nas nosas vidas. Podedes ver o interior do Dicionario mundial da educación que fixemos entre as distintas aulas neste formato revista aquí: https://issuu.com/acompasada/docs/dise_o_sin_t_tulo_20240125_182431_0000

Bibliotecas solidarias - Contacontos Nadal

Imagen
  Este ano de novo contamos coa axuda do voluntariado da Biblioteca escolar para realizar un contacontos coa temática do nadal, neste caso para os nenos e nenas de Educación Infantil. O conto escollido foi A familia de Basilia, unha historia na que falamos do que é verdadeiramente importante nestas festas: pasar tempo cos amigos e a familia.                 Moitas grazas polo voso esforzo! Para finais de curso prepararemos outra divertida historia coa axuda dos voluntarios e voluntarias que non puideron participar neste.

Tríptico de lecturas recomendadas para o Nadal

Imagen
  Xa non queda nada para as vacacións e temos preparado este folleto con recomendacións para desfrutar da lectura este Nadal.  Non só temos novos títulos relacionados con esta festividade, temos tamén un apartado especial adicado ao escritor e profesor Miguel Ángel "O Hematocrítico", moi coñecido polas súas obras para o público infantil e xuvenil, e que faleceu a finais de novembro. Para que nunca o esquezamos, dende a biblioteca recomendamos algunhas das súas obras.

Taller de pócemas decorativas e tutorial

Imagen
A semana pasada rematamos os nosos talleres de pócemas decorativas, impartido pola responsable da biblioteca, cos nenos e nenas gañadores do reto dos enigmas do samaín, pero para aqueles e aquelas que tedes ilusión por aprender tamén como fabricar estas pócemas, deixámosvos un sinxelo tutorial do paso a paso. Para os menores de 10 anos ou para aqueles e aquelas que non sabedes manexar unha pistola de silicona quente, podedes utilizar cola blanca para pegar a tapa ou, para que quere mellor, pedirlle axuda a un adulto. Materiais:  -Xel desinfectante, de hidroalcohol - Botes de cristal con tapa de corcho. Quedan mellor os medianos ou pequenos, os grandes requiren moito xel. - purpurina (lembrade que agora xa non se permite a venta de purpurina nas tendas, debemos utilizar os restos que teñamos na casa ou buscar outra alternativa para decorala) - Cordas, colgantes, elementos decorativos, papel ou celo decorativo para poñer o nome da pócema... - Pistola de silicona de manualidades, pote...

Día Mundial da Infancia

Imagen
O 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia, traballando cos dereitos da infancia e aprendendo que algúns nenos e nenas doutros países ou culturas non son protexidos por eses dereitos que lles corresponden na infancia.  Inspirándonos nalgúns dos contos do libro "Yo seré tres millones de niños" de Alain Serres e Judith Gueyfier, as diferentes aulas prepararon unha cometa para colocar no mural colectivo desta conmemoración, resaltando eses dereitos da infancia dos que carecen moitos nenos e nenas.