Entradas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
 VISITA DE "POLO CORREO DO VENTO" MURAL DAS LETRAS GALEGAS Dentro da programación de actividades levadas a cabo no noso colexio na  Semana das Letras Galegas,  o alumnado de 1º A, 1º B, 2º A, 2º B e 4º de Educación Primaria tivo a sorte de poder desfrutar desta sesión a cargo dos compoñentes de  Polo Correo do Vento . Coa axuda do contacontos, Kike; do ilustrador, Carlos; e do músico, Antón, gozamos dunha sesión que nos achegou máis ao homenaxeado das Letras Galegas 2023,  Francisco Fernández del Riego.             Mentres Kike nos narrou a vida do autor, Carlos fíxonos cantar e bailar cancións que falaban tamén da biografía do homenaxeado.  Mentres isto ocorría, o ilustrador, Antón, estaba facendo a caritarura de Fernández del Riego, a cal quedou impresionante!                      Para finalizar, todos os alumnos e alumnas preparados co lapis e papel, seguimos as in...

Sesión de contos: As aventuras de Mariña

Imagen
Seguindo coas actividades que xiran arredor das Letras Galegas, hoxe o alumnado de E. Infantil do noso centro, desfrutou dunha sesión de contacontos titulada "As aventuras de Mariña".  Mariña, no verán, vai para unha vila mariñeira porque a coida a súa avoa, mentres os seus pais traballan. Gústalle moito o mar e os animais que nel habitan. Hai un peixe que é moi especial ao que ela bautizou co nome de Xarda. Grazas a el vai descubrir unha morea de cousas.  A loita contra a contaminación, a amizade e o respecto son temas que estiveron moi presentes nesta sesión de contacontos, que combina a narración oral co teatro de monicreques.  Agradecemos a familiaridade e a cercanía da compañía de teatro Galeatro co noso alumnado, xa que nos permitiu gozar dun momento moi agradable.                             Esta actividade foi financiada polo Concello de Arzúa.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CURSO 22/23 - DENTRO DAS PAISAXES

Imagen
Q uen di que unha biblioteca é só para ler? Este ano actualizamos a nosa biblioteca escolar con algúns "recunchos creativos" como a mesa de luz ou o Kapla , pero somos moi ambiciosas e queremos potenciar aínda máis vosa creatividade e introducirvos no mundo da arte e a fotografía. Por iso, para terminar o curso cunha boa sorpresa, anunciamos o concurso de fotografía de Fin de curso para os alumnos e alumnas de Educación Primaria. Aproveitamos a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente para traballar coa natureza e apreciar as paisaxes tan fermosas que nos rodean e as cales debemos atesourar e protexer. Fixádevos ben nos seguintes carteis que amosan a convocatoria do concurso e as indicacións para participar, e ao final desta publicación tedes as imaxes das pinturas , das cales escolleredes unha para o voso proxecto. A data límite para a entrega é o 1 de Xuño , e o gañador/gañadora anunciarase na semana seguinte á entrega. Moita sorte! Aquí tedes uns exemplos de como fac...

Fotos da 'Semana do Libro'

Imagen
Ata aquí chegou a Semana do Libro! Xa publicamos con anterioridade a visita de Claudia Castro ao centro. Aquí temos algunhas imaxes das Lecturas Interactivas : Descubrimos que non é nada doado chamar a atención dos compañeiros e compañeiras fóra da biblioteca! Tamén celebramos a Feira da espurga , na que todos os nenos e nenas do cole levaron un libro de regalo para as súas casas: E rematamos a celebración cunha dramatización do conto 'Princesa Kevin' , escrito por Michaël Escoffier e ilustrado por Roland Garrigue, coas actuacións dos nosos voluntarios e voluntarias da Biblioteca. Fixérono tan ben, que repetiremos o teatriño para os nenos e nenas de 2º EP! E tras rematar a performance, o público tamén se animou a probar o vestido de Princesa... e o de anxo!                                                              ...

Claudia Castro visita o noso centro

Imagen
Durante este mes de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º EP leron o libro de poemas "Galicia, o país das marabillas" e da man do Rato Amelio e do Gato Pepe descubriron moitos lugares de Galicia que merece a pena visitar. As mestras xa tomamos boa nota dalgún destes sitios que lles gustaría coñecer!                                    Esta mañá tivemos a sorte de escoitar como esta escritora nos recitaba algún poema do libro e, despois, deixamos voar a nosa imaxinación para encher un folio cun debuxo que nos recordaba algún poema do libro, o lugar que máis nos gusta de Galicia, o debuxo do Rato Amelio ou do Gato Pepe... e así convertémonos por un intre en ilustradoras e ilustradores.                             Este foi o mural que fixeron os nenos e nenas de 3º A.               ...