Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Taller de pócemas decorativas e tutorial

Imagen
A semana pasada rematamos os nosos talleres de pócemas decorativas, impartido pola responsable da biblioteca, cos nenos e nenas gañadores do reto dos enigmas do samaín, pero para aqueles e aquelas que tedes ilusión por aprender tamén como fabricar estas pócemas, deixámosvos un sinxelo tutorial do paso a paso. Para os menores de 10 anos ou para aqueles e aquelas que non sabedes manexar unha pistola de silicona quente, podedes utilizar cola blanca para pegar a tapa ou, para que quere mellor, pedirlle axuda a un adulto. Materiais:  -Xel desinfectante, de hidroalcohol - Botes de cristal con tapa de corcho. Quedan mellor os medianos ou pequenos, os grandes requiren moito xel. - purpurina (lembrade que agora xa non se permite a venta de purpurina nas tendas, debemos utilizar os restos que teñamos na casa ou buscar outra alternativa para decorala) - Cordas, colgantes, elementos decorativos, papel ou celo decorativo para poñer o nome da pócema... - Pistola de silicona de manualidades, potencia

Día Mundial da Infancia

Imagen
O 20 de novembro celebramos o Día Mundial da Infancia, traballando cos dereitos da infancia e aprendendo que algúns nenos e nenas doutros países ou culturas non son protexidos por eses dereitos que lles corresponden na infancia.  Inspirándonos nalgúns dos contos do libro "Yo seré tres millones de niños" de Alain Serres e Judith Gueyfier, as diferentes aulas prepararon unha cometa para colocar no mural colectivo desta conmemoración, resaltando eses dereitos da infancia dos que carecen moitos nenos e nenas.                     

Erica González visita a nosa Biblioteca - Día das Bibliotecas, parte II

Imagen
Unha das actividades organizadas con motivo do Día das bibliotecas é esta sesión de animación á lectura, que hoxe desfrutaron todos os nenos e nenas do noso colexio. Erica González, a contacontos e actriz que nos visitou, preparounos un espectáculo que leva por nome "A volta ao día en 80 mundos". Inspirándose na famosa obra de Julio Verne, Erica achegounos aos distintos continentes e falounos de moitos países, das súas culturas, curiosidades... e, polo medio, contounos algún conto destes lugares. Así, por exemplo, con "Pepita Sarmiento" aprendemos que cando queres a alguén hai que darlle ás para voar, razóns para entender e motivos para quedarse; con "Moussa soña" caímos na conta de que para soñar é moi importante xogar, pero hai nenos e nenas no mundo que deixaron de facelo porque só traballan e xa non soñan con nada fai tempo. Estas fotos forman parte dalgúns dos catro pases que se fixeron para que todo o alumnado do centro puidera participar nesta activ

Enigmas e fotos horripilantes no Samaín /23

Imagen
Esta semana festexamos Samaín no cole. As aulas decoradas, os pasillos con teas de araña, nenos e nenas....e mestras! con disfraces variados... E tamén aproveitamos para retar aos nosos queridos alumnos e alumnas cun concurso de enigmas na Biblioteca, no que os grupos máis rápidos e certeros gañarían unha entrada a un taller sorpresa que realizaremos en novembro na biblioteca escolar.  Para os máis cativos tiñamos preparado un enigma un pouco máis doado, para logo colorear na ficha a solución da adiviña.             Algúns e algunhas de nós tamén quixemos posar diante da nosa parede "Chroma" para ver que montaxes divertidas saerían de aí, queredes ver o resultado?