Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Fotos da 'Semana do Libro'

Imagen
Ata aquí chegou a Semana do Libro! Xa publicamos con anterioridade a visita de Claudia Castro ao centro. Aquí temos algunhas imaxes das Lecturas Interactivas : Descubrimos que non é nada doado chamar a atención dos compañeiros e compañeiras fóra da biblioteca! Tamén celebramos a Feira da espurga , na que todos os nenos e nenas do cole levaron un libro de regalo para as súas casas: E rematamos a celebración cunha dramatización do conto 'Princesa Kevin' , escrito por Michaël Escoffier e ilustrado por Roland Garrigue, coas actuacións dos nosos voluntarios e voluntarias da Biblioteca. Fixérono tan ben, que repetiremos o teatriño para os nenos e nenas de 2º EP! E tras rematar a performance, o público tamén se animou a probar o vestido de Princesa... e o de anxo!                                                                                                                                Moitas grazas pola participación! E mil grazas ás voluntarias e voluntarios de 6º por mostrar tan

Claudia Castro visita o noso centro

Imagen
Durante este mes de abril, os nenos e nenas de 3º e 4º EP leron o libro de poemas "Galicia, o país das marabillas" e da man do Rato Amelio e do Gato Pepe descubriron moitos lugares de Galicia que merece a pena visitar. As mestras xa tomamos boa nota dalgún destes sitios que lles gustaría coñecer!                                    Esta mañá tivemos a sorte de escoitar como esta escritora nos recitaba algún poema do libro e, despois, deixamos voar a nosa imaxinación para encher un folio cun debuxo que nos recordaba algún poema do libro, o lugar que máis nos gusta de Galicia, o debuxo do Rato Amelio ou do Gato Pepe... e así convertémonos por un intre en ilustradoras e ilustradores.                             Este foi o mural que fixeron os nenos e nenas de 3º A.                                   E este é o mural que se fixo na clase de 3ºB.                               E así de fermoso quedou o mural de 4ºA.               Co alumnado de 5º e 6º de E.Primaria, Claudia Castro t

Semana do libro

Imagen
Xa temos o cartel da Semana do Libro na Biblioteca do CEIP de Arzúa! Celebraranse varias actividades para fomentar a lectura e traballar coa literatura infantil e xuvenil, e tamén actualizaremos o recuncho das lecturas recomendadas coa temática correspondente a esta semana. E para calquera dúbida estamos na Biblioteca nos recreos :)

Encontros PLAMBE 22/23

Imagen
Este venres 31 de Marzo tiveron lugar os encontros PLAMBE no Palacio de Congresos De Santiago de Compostela. Como centro PLAMBE , aí estivemos para informarnos das novas tendencias e os cambios que terán lugar nas bibliotecas escolares nos próximos cursos. Charlas moi interesantes sobre IA , sobre a competencia literaria na escola, sobre o uso do Koha , e moito máis! Guiamos aos nosos alumnos e alumnas para que adquiran da mellor forma posible as súas destrezas lectoras e así descubrir o mundo que lles rodea e as estruturas que usa a Arte para plasmar este mundo. É moi importante implicarse e estar actualizados para converter a biblioteca escolar neste " amplificador " de experiencias, este recurso inestimable, o corazón dun centro escolar... Agardamos seguir enriquecendo a nosa formación como responsables desta biblioteca e mellorar o nostraballo. Vémonos nos encontros do próximo curso!