Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Contacontos en Infantil polo Voluntariado da biblioteca

Imagen
Esta semana as voluntarias e voluntarios da biblioteca baixaron ás aulas de Infantil para ler un conto aos máis pequenos do cole, preparando con moita ilusión unha pequena escenificación das historias que escolleron. Todes quedaron moi contentos e xa teñen ganas de repetir a experiencia! Os contos escollidos foron: NON a todas as nenas les gusta o Rosa El abejoso O Maio El cocodrilo al que no le gustaba el agua Perdido? Podedes atopar estes títulos na nosa biblioteca. Moitas grazas ás voluntarias e voluntarios!

María Canosa no CEIP de Arzúa

Imagen
Nesta xornada do 16 de marzo, a escritora María Canosa achegouse ao noso centro para ter un encontro co alumnado de 3º e 4º E.Primaria acerca do seu libro "O que nunca che contaron".  María destacou a importancia da lectura cando dixo: "Cos libros vivimos cousas que non poderiamos vivir doutra maneira", "Conto as historias que levo na cabeza, pero cando as comparto xa deixan de ser miñas e pasan a ser vosas". Os nenos e nenas puideron facerlle unha morea de preguntas e así enterámonos de moitas curiosidades como que: este libro naceu grazas á colaboración de tres persoas e María só escribiu as tres historias de mulleres que hai no mesmo (as historias de homes escribiunas un amigo seu); a historia que máis lle gusta é a primeira, que xusto non escribiu ela; sempre quedaba de finalista cando se presentaba aos concursos, pero grazas a Manuel Beiras García unha editorial interesouse polo libro que escribiu e así foi como conseguiu que llo publicaran; a súa esc

Mulleres valentes na ficción literaria

Imagen
Para conmemorar o 8M na nosa biblioteca, aquí temos algúns p ersonaxes femeninos na literatura que destacan pola súa intelixencia, o seu valor e a súa maneira de ver o mundo.         Hermione Granger é unha das coprotagonistas da saga Harry Potter, moi coñecida pola súa intelixencia, a súa bondade e lealtade. As que lemos os libros, ben sabemos que Harry non podería salvar Hogwarts se non a tivese como aliada. Os libros foron adaptados ao cine nunha serie de películas que penso que todes coñecemos. E por certo, tedes os libros de Harry Potter na Biblioteca do cole!                 Nausicaa é a heroina dunha película e uns cómics de Hayao Miyazaki, autor doutras películas como Chihiro e O Castelo Ambulante. Nausicaa é a princesa Do Valle do Vento e ten unha forte conexión coa natureza. Nun mundo en guerra, tentará defender e protexer ao seu pobo.  Nausicaa foi o primeiro e último manga que publicou Hayao Miyazaki, e é máis coñecida esta historia pola súa película.