DÍA DE ROSALÍA
O EDLG quere deixarvos unha mostra das actividades que se fixeron para conmemorar o Día de Rosalía: Proxecto "A maxia do rural en Rosalía". Este proxecto foi o resultado da colaboración entre o noso centro e o instituto. Primeiro realizouse unha selección de poemas de Rosalía que gardan relación coa temática deste curso. Logo repartíronse entre as dezaséis titorías do noso colexio para que o alumnado os ilustrase e, ao mesmo tempo, o alumnado de 1º ESO do IES de Arzúa creou un QR para acompañar a cada poema, que nos leva a unha fotografía relacionada co mesmo. O Concello de Arzúa financiou este proxecto sufragando os gastos de imprenta. Queremos con este proxecto dar a coñecer, reinterpretar e difundir a obra da escritora máis universal da literatura galega entre o alumnado e demais poboación de Arzúa e persoas que nos visitan. Preme ao final deste artigo en ARQUIVOS ADXUNTOS para ver como quedaron os nosos traballos....