Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Obradoiro de poesía con Claudia Castro

Imagen
Este venres, 26 de abril as alumnas e alumnos de 2º e 3º E.Primaria participaron nun obradoiro de poesía impartido por Claudia Castro, autora do libro de poemas "Galicia, o país das marabillas". Este é o segundo ano que nos visita a escritora e, unha vez máis, o alumnado quedou encantado co seu taller.  Moitísimas grazas Claudia por compartir esta mañá connosco!! Estas fotografías corresponden ao obradoiro impartido ás nenas e nenos de 2º EP.                      Ao rematar, leváronse un mural para a súa clase moi fermoso, onde colocaron os collages que elas e eles fixeron durante o obradoiro.    Estas fotografías son do obradoiro de 3º A:    Estas fotos son do obradoiro de 3ºB:   

Semana do Libro

Imagen
 A semana do 22 ao 26 de Abril celebramos a Semana do libro no noso cole! Fixemos un mural relacionado coa temática anual, "Unha ventá aberta ao mundo", que leva por título "Un conto a bordo". Neste mural amosamos as diferentes procedencias de contos e historias moi coñecidos polos nenos e nenas  cun mapa que conecta, mediante fíos, as maletas da orixe dos contos e a súa portada correspondente, decorados por todos os cursos do centro escolar. Ademais, as titoras levaron a cabo diferentes actividades relacionadas con esta conmemoración, como marcapáxinas, decoración para as portas da aula...    3 anos A 5º  Tamén na biblioteca os nenos e nenas participaron nos Retos da biblioteca, un xogo de buscar pistas nos libros da biblioteca, nas estanterías ou nas paredes do noso cole, para coñecer un pouco máis os nosos recursos e como nos poden axudar a buscar información sobre un tema de interese.                             E para rematar, o venres os nenos e nenas de 2º e