Obradoiros de xadrez
Este trimestre comezaron os obradoiros de xadrez, organizados pola biblioteca e coa colaboración e proposta da ANPA Xermolos, considerando que as habilidades que proporciona aos nenos e nenas este deporte deberían fomentarse máis nos centros educativos. Falamos de estimular o pensamento lóxico, a capacidade de analizar e memorizar, alimentar a imaxinación e creatividade no mundo da estratexia que amosa o xadrez, e sobre todo, compartir cos compañeiros os coñecementos, a diversión, e a inclusión. Este obradoiro forma parte da programación de Bibliotecas Creativas, xa que a creatividade tamén é unha parte fundamental da estratexia e da capacidade de sorprender aos contrincantes. Así, os cursos de 2º e 3º de EP foron os primeiros en participar nesta pequena clase de Fernando Sánchez, monitor de xadrez, que tivo lugar o 16 de febreiro.