Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

Comezamos!...Traballando por recunchos

Imagen
 Agora que xa somos Biblioteca Creativa, toca preparar, mellorar e estrear os recunchos de aprendizaxes múltiples, onde ofrecemos unha variedade de recursos para explotar a nosa faceta como creadores.  Fomentar a imaxinación e a creatividade é un obxectivo esencial dunha biblioteca escolar e debemos aproveitar a inspiración que ofrece este espazo para atopar novos retos e aprender coa experimentación.                                                                                      

Día das Bibliotecas 24/outubro/23

Imagen
No día 24 deste mes de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, e nós aproveitamos para presentar á mascota da biblio - unha ratonciña de biblioteca chamada HISTORIA - e dedicarlle un debuxo.                       

Truco ou trato.....agarda, que inda queda un rato!

Imagen
Non! Aínda non chegou o Samaín! Pero como ás veces andades algo despistados e despistadas polo cole... temos uns carteis por ahí repartidos que xa vos van anunciando que algo estamos argallando...

A biblioteca abre de novo as súas portas!

Imagen
Q ue ganas tiñamos de recibirvos de novo na biblioteca. Estabamos a preparar os nosos novos recunchos e mobiliario para presentar a nova experiencia que ofrece a biblio , non só para ler e estudar, ou para xogar ao xadrez que vos encanta! Se non para traballar tamén outros aspectos da aprendizaxe por recunchos na "Hora de biblio " organizada polas titoras. Para o estudo, o debuxo, a búsqueda de información, os traballos en equipo e para os xogos dispoñibles no recreo, temos a zona das mesas e a mesa de luz. Para unha lectura amena e un momento de relaxación e " postureo" temos o rincón chill: Para a investigación en formato dixital, acceso a recursos na rede e proxectos audiovisuais temos o novo PC da biblioteca e a zona de Croma verde para a montase fotográfica e audiovisual: E para a aprendizaxe por recunchos, as mestras teñen acceso a novo material de diferentes temáticas e destrezas, tamén atendendo á atención á diversidade, para utilizar na Hora da biblio    

Unha ventá aberta ao mundo

Imagen
  Xa temos a temática para este curso 2023/24! O lema é "Unha ventá aberta ao mundo" e o que buscamos é traballar as diferentes culturas, linguas, tradicións e aspectos importantes de diferentes países, para así dar unha volta ao mundo dende a nosa "ventá" que é o centro escolar. Gocemos da nosa viaxe!