DÍA DAS LETRAS GALEGAS
VISITA DE "POLO CORREO DO VENTO" MURAL DAS LETRAS GALEGAS Dentro da programación de actividades levadas a cabo no noso colexio na Semana das Letras Galegas, o alumnado de 1º A, 1º B, 2º A, 2º B e 4º de Educación Primaria tivo a sorte de poder desfrutar desta sesión a cargo dos compoñentes de Polo Correo do Vento . Coa axuda do contacontos, Kike; do ilustrador, Carlos; e do músico, Antón, gozamos dunha sesión que nos achegou máis ao homenaxeado das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego. Mentres Kike nos narrou a vida do autor, Carlos fíxonos cantar e bailar cancións que falaban tamén da biografía do homenaxeado. Mentres isto ocorría, o ilustrador, Antón, estaba facendo a caritarura de Fernández del Riego, a cal quedou impresionante! Para finalizar, todos os alumnos e alumnas preparados co lapis e papel, seguimos as instrucións do ilustrador e fixemos as nosas propias caricaturas do autor. Aquedaron así de fantásticas!