Entradas

As herbas do San Xoán

Imagen
 O último mural, relacionado coa celebración do Día do Medio Ambiente, simula unha páxina dun herbario na que se amosan as herbas que forman parte da tradición da noite de San Xoán. E con esta tradición galega tan bonita, pechamos a temática deste curso, "A maxia do rural".

Introdución ás máquinas de corte: Cricut

Imagen
Este curso dende Bibliotecas Creativas quixemos achegar aos nenos e nenas de 5º de E.P. ao traballo coas máquinas de corte, neste caso a Cricut Explore. Con estas máquinas de corte podemos crear pegatinas, recortes troquelados, pezas dun puzle, vinilos... Tivemos a mala sorte de que a máquina non quedou ben calibrada e non puidemos crear todo o material que tiñamos programado, pero seguiremos traballando nesta actividade o próximo curso para que os alumnos e alumnas aprendan a utilizar este tipo de recursos creativos. Mentres tanto, amosámosvos as mostras que realizamos:

Mural das Letras Galegas 24/25 e actividades

Imagen
 A semana das Letras Galegas, do 12 ao 16 de maio, os nenos e nenas do cole traballaron no Mural colaborativo, adicado ás Cantareiras: Tamén contamos coas marabillosas actuacións e charlas de Orgullo Galego, falando da tradición dos Maios e do San Xoán A contacontos Manuela Varela co espectáculo Conto!Canta! E a actuación de Unto Vello, uns artistas da recopilación da nosa tradición oral.

Obradoiros de Xogos de mesa do Curo 24

Imagen
Este curso continuamos cos obradoiros de xogos de mesa. Introducimos o Dixit ao alumnado de 3º,4º e 5º E.P., e presentamos dous xogos novos ao alumnado de 6º de E.P.  Os xogos de mesa son unha forma moi divertida e creativa de traballar a estratexia, a cooperación ou a linguaxe simbólica, e intentamos achegar aos nenos e nenas ás novidades que mellor se adaptan ao seu nivel.         

DÍA DAS ARTES GALEGAS_CURSO 2024-25

Imagen
  No noso colexio celebramos o 1 de abril o Día das Artes Galegas, rendindo homenaxe a Isaac Díaz Pardo, un destacado intelectual e empresario galego, considerado unha das figuras máis relevantes da cultura galega. Díaz Pardo foi un fervente defensor da nosa lingua e das nosas tradicións. Destacou ao longo da súa vida como pintor, escultor e deseñador. É especialmente coñecido como o fundador da fábrica de cerámicas de Sargadelos, que se converteu nun símbolo da artesanía galega, da innovación e o deseño.  Para conmemorar esta data tan especial, todas as titorías do centro participaron nunha actividade na que cada clase escolleu un motivo de Sargadelos para plasmar sobre cartón pluma. Hoxe colocamos nos corredores do colexio todas estas obras de arte, que non só amosan a creatividade das nosas alumnas e alumnos, senón que tamén son un reflexo do noso orgullo pola cultura galega.  Poderedes desfutar de todas estas magníficas creacións vendo o seguinte vídeo:  

Gañadores do Concurso de deseño de cartas de xogo da Biblioteca Escolar

Imagen
Xa temos aos gañadores do concurso da Biblioteca deste curso escolar 24/25, que consistía no deseño ou decoración dunha carta de xogo, inspirándonos no xogo de mesa Dixit e na temática "A maxia do rural". O premio consistiu nunha serie de xogos de mesa para que poidan compartir cos amigos ou coa familia, e pasar un rato divertido sen pantallas e traballando de forma creativa a estratexia, a cooperación, e a paciencia! Parabéns!