Entradas

Visita de Mª Xesús Blanco

Imagen
Este venres, 24 de febreiro visitou o noso centro a escritora melidense Mª Xesús Blanco, autora do libro "O caderno de Rosalía". A escritora contoulles aos rapaces e rapazas de quinto e sexto que ela quedou namorada de Pipi Calzaslongas, personaxe de Astrid Lindgren. Unha visita coa súa familia á casa de Rosalía de Castro redondeou o seu proxecto literario, bautizado como "O caderno de Rosalía". Elixiu o nome de Rosalía para a protagonista do seu libro porque pensa que transmite personalidade e fortaleza.  Rosalía, personaxe principal do seu conto, é unha nena forte, valente e entusiasta que vai plasmando no seu caderno todo aquilo que lle acontece e tamén o día a día da xente que a rodea. Algunhas destas vivencias son divertidas, pero outras non o son tanto. Estas e outras cousas foi explicándolles a escritora ao noso alumnado e despois deu paso ás preguntas que eles e elas lle foron formulando. Foi un encontro moi entrañable. Moitas grazas Mª Xesús por esta visita...

Organizando a nosa biblioteca

Imagen
Isto xa vai tomando forma!  Aos poucos estamos a ordenar os andeis para que vos sexa máis cómodo atopar eses libros dormentes que agardan a vosa lectura, e ademais a nosa biblio ten novos recunchos para explorar... - U ns expositores onde se mostran as novidades deste curso, os libros relacionados coas conmemoracións, e as recomendacións da biblioteca (que irán cambiando semana a semana). - Un carro colocado na entrada da biblioteca con libros relacionados coa temática anual do centro: a auga - Un recuncho para traballar as nosas destrezas creativas e a nosa capacidade espacial coa mesa de luz e os xogos de figuras como o Kapla. E se tes algunha dúbida ou algunha suxerencia... fala connosco na biblioteca! 

Benvides á biblioteca!

Imagen
B envides á nosa biblioteca escolar, un fogar para todes os que queren espertar aos libros que dormen nos estantes e descubrir que marabillosa historia se atopa descansando no seu interior. Con este blogue querémosvos axudar a coñecer os recunchos da nosa biblioteca e descubrir lecturas e actividades divertidas para alimentar a nosa imaxinación. Subiranse noticias e propostas para que desfrutedes ao máxino deste espazo, así que, non esquezades revisar as publicacións! Unha aperta, e nunca deixedes de ler :)