Xa non queda nada para rematar este curso escolar, e non hai nada mellor que rematar estas semanas cun pequeno taller de iniciación ao debuxo dixital. Para iso, agora que xa temos actualizada a nosa tablet da biblioteca cun lápiz dixital, o alumnado de 5º de Primaria comezou o deseño dun mazo de cartas para xogar ao Dixit, un dos xogos populares da biblioteca. Primeiro crearon o seu propio deseño en papel, para despois importalo no programa de debuxo dixital e traballar co perfilador, as texturas, as cores... É un traballo que leva o seu tempo! E por iso agora o importante é inicialos neste tipo de aplicacións de deseño, para traballair máis a fondo o próximo curso e que o mesmo alumnado que aprendeu neste taller poida ensinar aos seus compañeiros e compañeiras doutros ciclos. E así de preciosas e orixinais están a quedar as primeiras cartas creadas dixitalmente: E queremos rematar esta publicación lembrando algunhas das nosas producións máis artísticas e creativas neste curso escolar,