Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2024

María Canosa visita o noso cole

Imagen
Este venres, 15 de marzo, María Canosa achegouse ata o noso centro para ter un encontro coas nenas e cos nenos de E.Primaria. Co alumnado de 1º e 2º falou do seu libro "Unha fábrica de bicos"; co de 3º, de "Lobo Ramón"; co de 4º, de "Rubicundo"; e, co de 5º e 6º, de "Muriel".  Durante cada sesión, puido contestar as súas preguntas e desvelar algúns misterios como: en quen se inspirou para escribir o libro, de onde sacou o nome do personaxe principal, cantos libros leva publicados, o motivo polo que escolleu un oficio tan estrano para o protagonista... Ao final tivo un momento para asinar os exemplares de cadaquén.  Moitas grazas María por compartir esta mañá con nós!!           

Presentando o Dixit na nosa biblioteca

Imagen
  As voluntarias deste curso escolar na Biblioteca escolar, grabaron un pequeno vídeo presentando un xogo que é perfecto para divertirse cos amigos e amigas, espertar a nosa imaxinación e traballar a expresión literaria: O Dixit. Ate un máximo de 8 xogadores, e recomendado para nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Taller de modelado en barro para E.I.

Imagen
Coa axuda das mestras de Educación Infantil, que propuxeron este taller para Biblioteca Creativa, o mércores 28 deste mes de marzo, Aparicio veu ao cole para realizar un taller cos nenos e nenas máis cativos.  Todas as aulas de E.I subiron ao salón de actos para facer figuras de barro cos moldes que trouxo Aparicio, para despois aplicar un esmalte e decorar a nosa figura.